A Mariña, a única comarca de Lugo que libra da onda de calor

Bañinstas nunha praia / XdM

A Xunta rebaixou a nivel de alerta por altas temperaturas nas provincias da Coruña e Pontevedra, aínda que o máximo (3) mantense en Ourense e en todo o territorio de Lugo fóra da Mariña.

En concreto, a Xunta informou de que continuarán en nivel 3 (máximo) todas as zonas da provincia de Ourense e de Lugo, excepto A Mariña. O resto de Galicia estará en nivel 2 por episodio de calor, excepto as zonas do Oeste e suroeste da Coruña, e a zona das Rías Baixas en Pontevedra, que pasará a nivel 1.

Meteogalicia informa de que Galicia continuará aínda durante o fin de semana baixo a influencia da masa de aire cálido de orixe norteafricana que leva sobre o país desde o pasado venres. Está impulsada polas altas presións localizadas ao norte da Península Ibérica e unha DANA (Depresión Illada en Niveis Altos) situada no Atlántico. Esta DANA irase achegando progresivamente a Galicia, desaloxando lentamente a masa de aire cálido, pero ese desaloxo non sucederá previsiblemente ata o luns.

Isto deixa unha previsión de temperaturas moi extremas, tanto mínimas como máximas, en moitos puntos do interior da Comunidade ata o domingo. No litoral, o achegamento da DANA e a presenza de brisas e algunhas néboas suavizarán localmente a forte sensación térmica de calor, pero as temperaturas, aínda que non tan altas como en días anteriores, seguirán sendo aínda elevadas en xeral.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here